Nesta terceira edición de “Son da aldea”
pensamos adicar o encontro científico a pensar, desde unha perspectiva do xénero,
a importancia da muller no rural, tanto do ponto de vista histórico, como
sociolóxico e antropolóxico. A muller ten sido no rural, un suxeito humano
historica e duplamente esquecido por serem muller e por habitar e identificarse
co rural. Co proceso global de urbanización e a integración dos espazos rurais
nun territorio globalmente urbanizado e diferencialmente rurbanizado, analisar
o papel da muller nestes procesos pode axudarnos a entender mellor a mudanza
social no rural, unha preocupación que contribue para afrontar mellor o
presente e o futuro das ruralidades.
Más en:
http://www.sondaldea.com/
0 comentarios:
Publicar un comentario